01/07/2026
Como cada ano, e xa van 12, coa chegada do verán, faremos un descansiño! 🌞
Descanso máis que merecido para as nosas voluntarias habituais, grazas ás que este proxecto comunitario segue adiante despois de tanto tempo. Grazas Bea, Pepita, Ada, Araceli R., Antía, Trini, Liliana, Maite, Anayibe, Araceli G., Sol, Marta, Cristina, María e Elia. Inmenso traballo!! 💚
Tamén queremos aproveitar para agradecer ás voluntarias/os puntuais, veciñas/os, asociacións, comerciantes, concello, empresas e colectivos que día a día apoiades esta rede solidaria. Sen vós o Recuncho tampouco sería posible!! 😊
Grazas a todas e todos vós o Recuncho é un recurso de gran utilidade para a nosa comunidade, no fomento da reciclaxe, o consumo responsable, a colaboración veciñal e a axuda ás persoas en situación de dificultade económica ou social.
E queremos que esta familia siga medrando, polo que vos convidamos a sumarvos!! Especialmente ao grupo de voluntarias e voluntarios habituais!! 😉
Deixámosvos unha foto de onte, algunhas das recuncheiras festexamos o fin de curso nunha última xuntanza.
Feliz verán!!