O comezo desta historia remóntase á terceira planta do edificio onde está situada esta tenda, fai máis de catro décadas. Nela, o meu pai Luís Domarco, desempeñou con paixón e empeño o seu oficio de xastre. Dise por aí, que era capaz de realizar os mellores abrigos e traxes, tarefa na que empregaba interminables horas de traballo en busca da perfección en cada unha das súas creacións. Dise tamén, q
ue do que se ve apréndese, e hai dous anos collín as súas tesoiras de costura, a súa regra e sobre todo os seus valores, para comezar a deseñar bolsos que reflectiran un pouco a miña personalidade, combinando un deseño vangardista con materiais tradicionais e únicos. Os bolsos deron paso a máis e máis complementos, zapatillas, roupa de fogar… ata chegar a este momento, o momento no que Sira Domarco convértese nunha marca, nunha tenda no centro do casco histórico de Allariz dende a cal deseña e produce artesanalmente artigos de moda e fogar. Esta tenda taller concíbese como un espazo no que traballar de fronte ao público realizando artigos de artesanía (bolsos, bolsas de viaxe, manteis, zapatillas de esparto…) a partir de tecidos e materiais naturais (esparto, liño, seda, algodón, coiro…), con métodos de fabricación artesanal, seguindo as tendencias da moda actual. Gústame dicir que este é un traballo de cercanía, prestando especial atención aos deseños personalizados para cada cliente, o que dá como resultado creacións únicas e exclusivas. Todos estes produtos poderanse adquirir no propio taller, ao mesmo tempo que os clientes poden realizar os seus propios deseños seguindo as recomendacións que lles irei dando e que a posteriori elaborarei. Sira Domarco, Rúa O Portelo 10, Allariz