24/06/2026
🔥✨ A noite de San Xoán é unha das noites máis máxicas de Galicia. A noite na que o lume purifica, os desexos voan coas faíscas e deixamos atrás todo o malo para dar a benvida a novas ilusións.
É unha noite de tradicións, de risas, de amigos e de familia, de pedir desexos co corazón cheo de esperanza... e tamén de lucir bonitas🫂
E para esta calor, que mellor que o noso vestido de tirantes en branco da colección de bambula, un símbolo de frescura, luz e enerxía positiva, perfecto para acompañarte nunha noite tan especial❤️
Que as cacharelas🔥 iluminen os vosos soños e que a maxia desta noite vos acompañe durante todo o ano.
✨ Feliz Noite de San Xoán! 🔥🤍🌙
Miamaria.es