Bicoca Moda Home

Bicoca Moda Home Tenda multimarca Dispoñemos de tarxetas de aparcamento para os nosos clientes.
(1)

06/09/2026

Momento de tensión máxima no plató de Gaña a túa aldea da TVG! 📺
Cando fixeron a pregunta houbo quen dubidou por uns segundos... pero a elegancia non engana: a resposta correcta sempre é bicoca Moda Home!
Un orgullo ver como a moda masculina de Betanzos luce en directo na televisión da man de Duarte Galbán. Se ti tamén queres ir feito un pincel para calquera ocasión, agardámoste na nosa tenda.
Ti terías acertado á primeira ou necesitabas comodín? Déixanolo en comentarios! 👇

05/09/2026

Preocuparse por con quen quere compartir a vida o teu fillo cando o auténtico perigo é que che saia parvo… iso si que ten mérito. 😅
Na nosa casa tiñamos todas as papeletas polo lado paterno, pero tivemos a imensa sorte de que saíron á nai. Agora ben, escoitando certas teorías… hai árbores xenealóxicas ás que lles sentaría de marabilla unha boa poda (ou directamente tala e limpar o monte).
Menos parvadas e un chisco máis de sentidiño. ☕👔

bicocamodahome

04/09/2026

Cliente: “Quero o traxe… pero con tenis.”

Eu: procesando… erro de sistema na elegancia…

(5 segundos despois)

Mira… aínda que non nos guste, aceptamos tenis como calzado de traxe… porque ao final, a pela é a pela 💸😌

Tania, atende ti… que eu prefiro non velo.

04/09/2026

Dicen que agora son unha estrela dos mass media… pero que saibades que manteño a humildade intacta. 😂
Fóra de bromas e de que a el non llo diga moito á cara, con Fran Cañotas comezamos a nosa andaina no audiovisual moito antes de imaxinar todo o que viría despois en redes. O tempo pasou, pero o que empezou sendo profesional transformouse nunha desas amizades que non teñen prezo.
E sobre o de ser famoso… mira, dende que Paquirrín o é, calquera pode selo! 😜
Grazas por tantas risas e por seguir sumando momentos xuntos.

03/09/2026

Hoxe tivemos unha visita moi especial na tenda! 🙌
Seica polo mundo adiante hai quen viste con «V» de Vikoca e quen viste con «B» de Bicoca Moda Home… pero o que está claro é que os dous sabemos o que é o bo trato, a calidade e a paixón por este oficio.
Moitas veces preguntades se somos familia ou se temos algo que ver: pois mira, hoxe xuntámonos dous do mesmo gremio para botar unhas risas e compartir anécdotas de mostrador. Porque máis alá das letras, o que nos une é o respeto entre compañeiros e as ganas de seguir vestindo á nosa xente como merece.
Un pracer enorme recibirte na nosa casa, compañeiro! Aquí tes as portas abertas sempre. 👏✨
E vós… sodes máis de «B» ou de «V»? Deixádeo nos comentarios! 👇😂

02/09/2026

Dicen que a beleza está no interior…
pero un bo conxunto axuda que non vexas!
Marchan listos para triunfar, e se a cousa sae ben, xa saben a onde vir dar as grazas.
Ti tamén necesitas un empurrón para a fin de semana? Pásate por Betanzos e amañámolo nun intre.

01/09/2026

Que se nos dixeron que fósemos profesionais? Si.
Que se nos pediron seriedade para o directo? Tamén.
Que se nos esqueceron as instrucións aos dous segundos? Evidentemente.
Se hai unha cámara diante, o talento para facer o parvo multiplícase por dous. Vémonos na tele… ou mellor en persoa, que en directo aínda temos máis perigo!


BicocaModaHome Betanzos HumorGalego TVG

31/08/2026

Témolo niquelado, coma un pincel para a voda deste sábado... pero agora vén o dilema dos calcetíns! 🤦‍♂️😂
Bran xa lle botou o ollo aos máis rechamantes, pero eu a verdade é que non o vexo tan claro...
Vós que opinades: clásicos elegantes para non fallar ou fantasía a tope nos pés? Deixádenos a vosa sentenza nos comentarios! 👇🎩

30/08/2026

Toda a mañá dicindo que non quería tirantes… e ó final van para a casa! Porque onde manda patroa non manda mariñeiro, nin en Sarria nin en bicoca.
Germán deu a cara, pero a última palabra xa sabemos todos de quen foi. A elegancia non se negocia cando hai orde da xefa! 🤣👇

29/08/2026

Aquí podes vir co DNI por diante e quedar igual... pero como me digas o alcume, o pantalón aparece en medio segundo! 😂👖
Cousiñas do día a día en Bicoca: menos Ángel Mosquera e máis «Gelucho o Palista». Porque na nosa terra coñecémonos como hai que coñecerse!
A quen máis lle pasa isto na súa vila? Deixádemo nos comentarios! 👇👇

Dirección

Avenida De Castilla 4
Betanzos
15300

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bicoca Moda Home publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Bicoca Moda Home:

Atajos

Compartir