31/03/2021
31 de marzo de 2021 último día do mes pero tamén derradeiro pra nós. Despois de 40 anos de 362 días, é pra nós tempo de xúbilo, de aprender a disfrutar da cotidianidade e o compartir das pequenas cousas da vida. Marchamos agradecidos e emocionados a partes iguais pero tamén contidos polo contexto Covid que non nos deixar convidar e celebrar o feito de chegar xuntos ata aquí.
Imosvos botar moito en falta, a morriña da rutina de tanto tempo. Somos familia do día a día.
A librería é, foi e será sempre a nosa CASA, pero tamén a vosa.
GRAZAS de corazón os que están, os que xa marcharon pero sobre todo os que quedan.
Bretema segue a súa andaina da man de Ana.
Toda a sorte e as ganas pra continuar.
Longa vida ó comercio local do rural.