27/12/2025
Desde Emiliano Moda queremos amosar o noso apoio ao CCA de Carballo tras o sucedido. Lamentamos profundamente este feito incívico e animamos á veciñanza a seguir participando na campaña para que a ilusión e a maxia destas datas continúen máis vivas ca nunca. 💫
| O CCA de Carballo informa de que este venres 26 pola noite, a urna da Globoteca foi obxecto dun incendio que provocou a destrución da maior parte das papeletas depositadas ata o de agora.
A día de hoxe, descoñécense as causas do sucedido. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos maiores, xa que nin a urna nin o propio local da Globoteca —situado no baixo dunha vivenda entre as rúas Desiderio Varela e Colón— resultaron afectados na súa estrutura.
Desde o CCA lamentamos profundamente este feito incívico, e queremos deixar claro que o acontecido non vai frear nin a ilusión nin a maxia que rodean estas datas tan especiais.
Por iso, animamos á veciñanza a seguir participando na campaña, solicitando as súas papeletas coas compras realizadas e depositándoas na urna, que permanecerá situada no seu lugar habitual. Así mesmo, tentaremos recuperar o maior número posible de papeletas afectadas, que se sumarán ás que se vaian depositando ata o día do sorteo, que terá lugar en directo o 9 de xaneiro.
Queda moita campaña por diante e moitas papeletas aínda por repartir. Que siga a ilusión!