Mercería Avelaiña

Mercería Avelaiña Artículos de mercería, textil hogar, bebé, lencería, pijamería, lanas...

Cerrado permanentemente.

En nuestra tienda te ofrecemos de forma personalizada entre otros muchos artículos, aquellos propios de mercería,textil hogar,artículos para bebé, lencería, pijamería, calcetería, lanas...

31/08/2025
Ola xentiña!Querida clientela, amigos e amigas de sempre,Hoxe diríxome a tod@s vós co corazón nun puño e un cúmulo de se...
23/06/2025

Ola xentiña!

Querida clientela, amigos e amigas de sempre,

Hoxe diríxome a tod@s vós co corazón nun puño e un cúmulo de sentimentos encontrados difíciles de describir con palabras. Quero compartir con vós unha decisión que xa moitos coñecedes. Mercería Avelaíña pecha as súas portas.

Tras anos de esforzo, ilusións e momentos compartidos, chegou o momento de pechar un capítulo que tanto significou na miña vida.

Grazas infinitas a cada persoa que cruzou as nosas portas, que confiou no noso traballo e que nos elixiu unha e outra vez. Fostes máis que clientes. Cada saúdo, cada conversa, cada sorriso, cada confidencia, deixará sen dúbida unha pegada imborrable.

A vós, ás miñas compañeiras de traballo, TERESA, MARITA,EVA e SANDRA,non teño palabras suficientes para agradecervos haber estado ó meu lado coa vosa entrega, profesionalismo e sobre todo humanidade. Sen o voso apoio e adicación nada disto houbera sido posible. Grazas de corazón por camiñar ó meu lado nesta viaxe.

Agradecemento os meus comerciantes que desde o primeiro día me acompañaron. Grazas por todo.

Agora, toca pechar este ciclo e para iso iniciamos unha LIQUIDACIÓN TOTAL POR CIERRE, a partir deste mércores 25 de xuño. Pídovos unha última mostra de apoio para que levedes un anaquiño do que foi esta historia que construímos xuntos.

Isto non é un adeus. É un ata sempre. Voume coa certeza de que grazas a vós, todo mereceu a pena.

Antes de despedirme, unha petición final:
Sigue apoiando ó comercio local.
Mercar no teu pobo non só dá vida ás rúas, senon que é futuro para as nosas/vosas familias e para as xeracións que veñen.

GRAZAS POR TANTO

ATA SEMPRE

MERCERA AVELAÍÑA

Este venres 20 e o sábado 21, Mercería Avelaíña estará pechada. Voltamos o luns 23 en horario de tarde: 17:30h a 20:30h....
18/06/2025

Este venres 20 e o sábado 21, Mercería Avelaíña estará pechada. Voltamos o luns 23 en horario de tarde: 17:30h a 20:30h. Disculpade as molestias. Grazas!

Apareceu esta mochila diante da mercería. Se alguén a nota de falta que pase a recollela. Graciñas!!
18/06/2025

Apareceu esta mochila diante da mercería. Se alguén a nota de falta que pase a recollela. Graciñas!!

08/06/2025
02/06/2025

🛍️ O Bono Activa Comercio volve con forza para impulsar o comercio local, coa previsión de mobilizar 8,5 M€ en vendas

📆 Descarga o teu bono de 30 € de desconto a partir do mércores 4 de xuño

Volta EU MERCO NA LARACHA!! Recorda recoller os teus cheques no Concello e aproveita esta campaña que vai desde o 2 ata ...
30/05/2025

Volta EU MERCO NA LARACHA!! Recorda recoller os teus cheques no Concello e aproveita esta campaña que vai desde o 2 ata o 30 de xuño ( ambos incluídos)

¡AVISO IMPORTANTE PARA OS NOSOS CLIENTES!A partir do luns 12 de Maio, por motivos persoais, en Mercería Avelaíña teremos...
07/05/2025

¡AVISO IMPORTANTE PARA OS NOSOS CLIENTES!

A partir do luns 12 de Maio, por motivos persoais, en Mercería Avelaíña teremos un novo horario de atención ó público.

De LUNS a VENRES atenderemos en horario de tarde de 17:00h a 20:30h. Os SÁBADOS polas mañás de 10:00h a 13:30h

Grazas pola vosa comprensión e esperámosvos coa mesma atención e entusiasmo de sempre.

Disculpade ás molestias

Dirección

Santa Lucía, 37
Laracha
15145

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mercería Avelaiña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir