Fixenöeu

Fixenöeu Fixenöeu, bonecos feitos con amor En Fixenöeu, cremos na diversión, na liberdade e no amor. Cualidades que fan que a vida sexa un eterno xardín de infancia.

Así mesmo, cremos nas enerxías positivas dos produtos destinados as nosas crianzas, e o noso maior logro é facer os nosos produtos con amor e alegría pensando neles e tamén no noso neno interior. Temos moitas ideas pero tamén queremos que ti nos guíes cos teus gustos. Recorda que cada boneco é único e irrepetible e está feito completamente a man por adultas para nenas e nenos de 0 a 100 anos.

Temos moitas carteiras comecartos dispoñibles. De tanto en tanto quedamos sen elas pois son un agasallo ben xeitoso e a ...
01/06/2026

Temos moitas carteiras comecartos dispoñibles. De tanto en tanto quedamos sen elas pois son un agasallo ben xeitoso e a quen non se lle antolla unha para o día a día!
Se imos ter que gastar, fagámolo con xuízo.
Apostemos polo consumo responsable!
Bótalles un ollo en

Estes fermosos gardas do exército británico foron un agasallo dunha moza galega para unha parella de residentes de alí. ...
27/05/2026

Estes fermosos gardas do exército británico foron un agasallo dunha moza galega para unha parella de residentes de alí.
Recibimos unha simpática foto deles posando nun entroido e os bonecos son copias exactas deles. Bon, exactas estritamente non, mais si inspiradas. Agora que ámbolos bonecos están con eles ensinámosvolos por aquí para que vexades como dunha idea poden xurdir marabillosas pezas.
Os bonecos van da man cun imán invisible que os une para dar paseos a carón do Támesis.

Mil grazas polas vosas encomendas e que os desfrutedes moitísimo.

Os rinos desfrutan moito da compaña dos paxaros, e aquí, como estamos ao pé do Parque de Paxariños da cidade de Lugo, o ...
20/05/2026

Os rinos desfrutan moito da compaña dos paxaros, e aquí, como estamos ao pé do Parque de Paxariños da cidade de Lugo, o rino está máis que feliz pasando a mañá escoitando cochorras, pegas, pardais e moitas outras fermosuras voadoras que habitan o parque.

A este rino gustaríalle atopar unha familia que saia a pasear pola natureza 💚 🌳🌳🌳

Estamos moi afeitas a que nos fagades encomendas personalizadas, das que máis nos alegra coser son as que levan verdadei...
27/04/2026

Estamos moi afeitas a que nos fagades encomendas personalizadas, das que máis nos alegra coser son as que levan verdadeiras historias de amizade detrás, nas que chegan novos seres ás familias e xa estades pensando que fermosura agasallar.
Así, nunha destas, chegounos a encomenda dun fermoso canciño para Manuel. Leva o nome do seu amigo humano bordado na camisa e agardan ter moitas aventuras xuntos.
Feliz vida Manuel! E, tamén, moitas moitas grazas por pensar en Fixenöeu para as vosas benvidas.

Fermosísimo, non si?

🗞️🗞️🗞️Novos modelos de Porta bocadillos xa dispoñibles!!!!Un clásico que nunca pasa de moda en Fixenöeu e, do mesmo xeit...
06/04/2026

🗞️🗞️🗞️Novos modelos de Porta bocadillos xa dispoñibles!!!!
Un clásico que nunca pasa de moda en Fixenöeu e, do mesmo xeito, en Bico de Grao. A Bico podedes pasar a botar un ollo para escoller o que máis vos guste.
💐
Xa sabedes que os Porta bocadillos Fixenöeu tanto nos serve para transportar a merenda como para empregalo de mantel. Composto por algodón e plástico alimentario, permitiranos, á fin, prescindir de envases dun só uso para nós e as nosas crianzas.
🥪
Bulide que voan!!!

☀️Sempre andamos argallando novas creacións tirando do refugallo que nós mesmas creamos.  Facéndonos fortes fronte ao de...
23/03/2026

☀️
Sempre andamos argallando novas creacións tirando do refugallo que nós mesmas creamos. Facéndonos fortes fronte ao desperdicio global, loitamos por reutilizar.
Cos sacos nos que Chirlata envía as améndoas estamos a facer bolsas para a compra. Grandes, duns 40x45 cm e bastante chulas.
🛍️🛍️
♻️

Andamos a facer alxibeiras (riñoneiras) con material 100% de refugallo e estannos quedando chulísimas, á par que práctic...
19/09/2025

Andamos a facer alxibeiras (riñoneiras) con material 100% de refugallo e estannos quedando chulísimas, á par que prácticas.
Pásate por a botarlles un 👁️

Se che presta que teña unhas medidas ou cores concretas, cóntanos, xa sabes que fabricamos á medida.



♻️

Achégase o bo tempo e as ganas de desfrutar do tempo solleiro. Pasar o tempo no parque, na praia, camiñando, descansando...
25/04/2025

Achégase o bo tempo e as ganas de desfrutar do tempo solleiro. Pasar o tempo no parque, na praia, camiñando, descansando, chachareando ou lendo. Somos por aquí bastante lectoras, polo que temos experiencia en estragar un pouco os libros e cadernos ao levalos de calquera xeito en mochilas ou bolsas. Por iso fixemos unhas cantas bolsas para levalos.
Son feitas con materiais de refugallo: sobras doutros proxectos, anacos de teas soltos ou mesmo prendas que pasan a outra vida. Se ti es tamén de coidar os libros, achégate a botarlles un ollo a

Esta fermosa raposa aparece polas hortas e polos camiños de terra na procura de flores que levar para a súa hortiña.Que ...
19/07/2024

Esta fermosa raposa aparece polas hortas e polos camiños de terra na procura de flores que levar para a súa hortiña.
Que fermosa é con esa cor verde tan favorecedora! Dende logo nunca unha raposa verde por aquí viramos! 😉
Achégate a en ou na web bicodegrao.gal para botarlle un ollo!

🌞Por aí aparece a ovella Felisa apañando as primeiras raiolas de sol.  Pero como subíu a esa árbore?"Baixa Felisa! Que n...
02/02/2024

🌞Por aí aparece a ovella Felisa apañando as primeiras raiolas de sol. Pero como subíu a esa árbore?
"Baixa Felisa! Que nunca se víu unha ovella gabeando polas alturas!"
É tremenda a nosa ovelliña
🐑
Xa temos a esta Felisa e outros modelos dispoñibles en . Contáctanos para calquera suxestión.

Que che parece, é preciosísima?

Dirección

Ronda Das Fontiñas 226 Baixo
Lugo
27002

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fixenöeu publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Fixenöeu:

Compartir