Modista - M Luisa Pereiro

Modista - M Luisa Pereiro Ropa a medida, diseños personalizados. Especialidad en novias, fiesta y para todo tipo de eventos. Melide (A Coruña) Teléfonos:
981 50 50 23
626 906 123

Preséntovos o meu filliño Sergio ❤️.É a primeira foto que subo del, por suposto porque el quere e a ocasíon ben o merece...
28/09/2025

Preséntovos o meu filliño Sergio ❤️.
É a primeira foto que subo del, por suposto porque el quere e a ocasíon ben o merece.
Desta volta os modelos somos os da casa❤️

Onte fomos de voda e Sergio quería un traxe de liño feito por súa nai, a miña especialidade non é a roupa de caballero, pero... ante tal petición quen lle di que non?

Ser leva un traxe moi desenfadado e xuvenil tal como é el, o seu gusto. De liño, cor area, combinado cunha camiseta básica e unhas deportivas brancas.

Para mín fixen un vestido con corte un pouco serea e a chaqueta de liña curta co bolso da mesma tela neste chanel azul tan bonito.

Foi un día bonito, nunha cerimonia familiar.
Que ben o pasamos!

Moitas grazas Sheila&Jesús por facernos partícipes da vosa felicidade a cal deseamos que se prolongue ó longo da vosa vida ❤️

     Angelines leva un vestido fucsia en crepé italiano, escote en V, coa manga abullonada, moi entallado e abertura dia...
14/09/2025





Angelines leva un vestido fucsia en crepé italiano, escote en V, coa manga abullonada, moi entallado e abertura dianteira.

Moitísimas gracias Angelines, qué ledicia é traballar para ti: tranquila, comprensiva e tanta confianza que me tes.
Decir que estás guapísima é pouco.
Espectacular❤️

        Este vestido de seda azul ceo, drapeado, cun só ombreiro e cunha capa/estola por detrás, luciuno Patricia así de...
23/08/2025






Este vestido de seda azul ceo, drapeado, cun só ombreiro e cunha capa/estola por detrás, luciuno Patricia así de espectacular.

Sempre agradecida a todas as persoas que confían nas miñas mans, pero cando é alguén que coñeces de sempre éncheme de ledicia. Por iso cando súa nai me chamou (antiga compañeira de cole) a alegría e tamén a responsabilidade foi enorme.

Milleiros de gracias pola confianza que puxestes en mín, unha dama de honor guapísima e feitísima.

Que marabilla traballar para persoas como Patricia e Amelia.❤️

        Irene onte luciu na comunión da súa nena este conxunto de pantalón e "abrigo" en cor branca de crepé italiano, m...
16/08/2025






Irene onte luciu na comunión da súa nena este conxunto de pantalón e "abrigo" en cor branca de crepé italiano, manga francesa, con detalles nos cortes dos ombreiros que lle dan o toque de cor.
O corte do top-abrigo estiliza con elegancia.

Moitísmas gracias, Irene, pola túa confianza e porque é moi doado tratar con persoas coma ti.

Mari e Ángela desprazáronse dende Friol co obxectivo de facer os seus vestidos para un día moi especial: a voda do fillo...
16/06/2025

Mari e Ángela desprazáronse dende Friol co obxectivo de facer os seus vestidos para un día moi especial: a voda do fillo de Mari e irmán de Ángela.

Mari, como madriña do enlace, leva un vestido de crepé en ton rosa fucsia, cunha elegante cola e un lazo cun aire sofisticado e favorecedor. Pola súa banda, Ángela escolleu unha combinación máis atrevida: un top de redecilla acompañado dunha saia de tul en verde neón, adornada con volantes e confeccionada con nada menos que 18 metros de tea, o que lle achega movemento, personalidade e distinción.

Unha non é capaz de resumir todas as emocións, sensacións e experiencias que se senten cando é partícipe de algo tan importante, o vínculo de complicidade, aprecio e un profundo respeto.
É indescriptible narrar estas vivencias tan fermosas que me da a miña profesión.

A profesión non nos define como persoas, pero sí forma unha parte valiosa e trascendental que nos marca.
Ser feliz traballando é un agasallo da vida e con clientas así é un tesouro da man de Deus.

Milleiros de GRAZAS Mari e Ángela pola vosa confianza e cariño❤️



Hai persoas que non son familia de sangue, pero son de sentinento. Eso pásame coa nena desta foto: Maria.Nena que xa non...
09/06/2025

Hai persoas que non son familia de sangue, pero son de sentinento. Eso pásame coa nena desta foto: Maria.
Nena que xa non é, aínda así para mín sempre será a Maria a nena da miña veciña Teresa.

Maria quixo que lle fixera o seu vestido para a súa graduación en Bachiller, que emoción participar en algo tan sentido e bonito, pero o que máis me emocionou foi a confianza que ten en mín. Aparte de sentirme abrumada, contenta e con moita responsabilidade.

O vestido é feito ó biés, con corte lixeiro serea e de seda italiana en cor viño.

Que guapísima é Maria, por fora salta à vista e por dentro... por dentro hai que coñecela, eso sí, bastan cinco minutos de conversa para quedar prendado dela.

MOITAS GRACIAS ruliña, que a vida te trate como a boa persoa que eres. ❤️

Traballar un domingo e recibir este agasallo é un unha das cousas  polo que me gusta tanto o que fago. Sí, hai apuros, d...
25/05/2025

Traballar un domingo e recibir este agasallo é un unha das cousas polo que me gusta tanto o que fago. Sí, hai apuros, descoser as veces, moitas probas e un horario moi longo... pero, recibir estas flores recién cortadas dun xardín, do seu xardín, ten un valor engadido, ós que nos gustan as plantas e as flores sabemos o que doe cortalas, e ela cortounas para mín, trouxeme estas rosas tan fermosas pensando en mín.

Que bonito é ser detallista, é certo que nos damos conta de todo, buscamos os fallos, principalmente os propios e somos algo repunantiños, pero... e nestas couas? Agasallar unha rosa, dar un tempo de escoita, acompañar a quen o necesite, facer un favor pequeno que para un non é nada e para o receptor é un mundo.

Ser detallista non é só facer regalos, é darse conta das pequenas cousas, é ter a virtude da xenerosidade e eso lévanos á bondade, é ser boa xente é o máis grande nesta vida.

Disfrutade do domingo amizades eu vou xantar e descansar coa conciencia tranquila e co corazón cheo de agradecemento.

GRACIAS ❤️ Ángela e Mari ❤️

Din que os oficios acábanse, que chegará un tempo no que atopar un albanel, un carpinteiro, unha modista ou un xastre se...
03/05/2025

Din que os oficios acábanse, que chegará un tempo no que atopar un albanel, un carpinteiro, unha modista ou un xastre será complicado. Penso que ese tempo xa chegou, só hai que ver o cargados de traballo que estamos as persoas que temos oficios ancestrais.

Hoxe en día a Intelixencia artificial ven con forza, con tanta que ata da medo, sustituirá man de obra e con ela acabaranse moitas profesións.
A evolución tecnolóxica e vertixinosa vai galopando a unha velocidade que agardo non nos escape das mans ós humanos, a ver... o paso do tempo iranos ensinando como irá transcurrindo todo.

Este luns pasado co apagón vimos as nosas debilidades, é certo que sin electricidade non facemos casi nada, pero non me digades que non daba gusto ver as nenas e nenos xogando, ós adolescentes en pandilla, moitos deles deseperados buscando cargadores, as rúas a tope de persoas; pensaba que Melide perdera poboación, pero canta xente vin e que alegría vela!
A mín apagouseme o teléfono cinco minutos despois de marchar a luz, que agusto estiven todo o día sen as notificacións tin tin, tin tin; sen agobios, sen berrar co fillo para que deixase o dichoso móbil, sentinme libre, e, aínda que me gusta a tecnoloxía, vin que sen o agobio de estar sempre localizable vívese mellor, de aí que os nosos maiores sexan tan lonxevos.
É certo que á noite fastidioume non ver a miña serie, pero que gozada ir tomar o café a casa de meus pais un luns ó mediodía, alí fora, sen ningún ruído, só o piar dos paxaros.

Non estamos tan preparados para era dixital, ou sí?
Espero que non, que a mín gústame pagar en efectivo, non depender do móbil e poder tomar un café tranquilos sen que ninguén saiba a nosa ubicación en tempo real mola.

Deixovos con esta foto que me fixo o meu neno cun teléfono moderno sí, pero facendo un traballo artesanal, que de seguro a IA chegará a facelo, pero nunca co agarimo e vocación que un artesá lle pon o seu traballo.

Moi boa noite amizades❤️

Dirección

Mellid
15800

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 13:00
16:00 - 20:00
Martes 09:30 - 13:00
16:00 - 20:00
Miércoles 09:30 - 13:00
16:00 - 20:00
Jueves 09:30 - 13:00
16:00 - 20:00
Viernes 09:30 - 20:00
16:00 - 20:00

Teléfono

+34626906123

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Modista - M Luisa Pereiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría