Concello Mesía

Concello Mesía Páxina oficial do Concello de Mesía (A Coruña)

04/06/2026

ℹ️⚠️📢 Aberto o prazo para inscripcións en todas as categorías de fútbol ⚽ base do clube, dende biberons 🍼 ata xuvenís 🔞 (modalidades F8 & F11).

Anímate a formar parte da nosa gran familia; únete a un ambiente deportivo inigualable onde prima o compañeirismo e a diversión, aprendendo co ⚽️ pegado ós pés (✋️ para quen prefira estar baixo paos 🥅, 😝)

Agardamos ansiosos a tua chamada; non o dubides‼️ O noso campo 🏟️ As Brañas, inmerso nunha paisaxe 👁 de obrigada parada na zona, converterase na túa segunda casa 🏡

☎️ 650 35 46 24 ✍️ Juan
☎️ 633 97 75 88 ✍️ Damián

"𝐎𝐒 𝐏𝐀𝐗𝐀𝐑𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐍 𝐕𝐄𝐍 𝐄𝐒𝐀𝐒 𝐑𝐀𝐈𝐀𝐒 𝐃𝐄𝐍𝐃𝐄 𝐎 𝐂𝐄𝐎"Convidámosvos a escoitar este podcast , non vos vai defraudar❗️Merece ser fin...
04/06/2026

"𝐎𝐒 𝐏𝐀𝐗𝐀𝐑𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐍 𝐕𝐄𝐍 𝐄𝐒𝐀𝐒 𝐑𝐀𝐈𝐀𝐒 𝐃𝐄𝐍𝐃𝐄 𝐎 𝐂𝐄𝐎"
Convidámosvos a escoitar este podcast , non vos vai defraudar❗️
Merece ser finalista, noraboa ao profesor e ao alumnado de 5º por este traballo.👏👏👏Desexámosvos moita sorte na final 🍀

O podcast Os paxaros non ven esas raias desde o ceo , creado por alumnado de 𝟓º 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐝𝐨 𝐂𝐏𝐈 𝐏𝐥𝐮𝐫𝐢𝐥𝐢𝐧𝐠𝐮̈𝐞 𝐝𝐞 𝐗𝐚𝐧𝐜𝐞𝐝𝐚, é un dos 15 finalistas dos Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera Pérez “O vello dos Contos”. O 8 de xuño será a gala de entrega de premios no IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela). Pódese escoitar na canle do certame en Spotify:

https://open.spotify.com/episode/1G9EI7HTuCCeIfX2VWycdQ?si=rJhxFS-5Tkm_9xWq-I-LNg

Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos" · Episode

FESTAS!🎊
03/06/2026

FESTAS!🎊

Festas!🎊
02/06/2026

Festas!🎊

👏👏𝐏𝐚𝐫𝐚𝐛𝐞́𝐧𝐬 𝐚🏆𝐬𝐭𝐞𝐩𝐡𝐚𝐧𝐲 𝐀𝐧𝐠𝐞𝐥𝐚 𝐅𝐞𝐫𝐧𝐚𝐧𝐝𝐞𝐳 𝐆𝐚𝐫𝐜𝐢́𝐚 a nosa campioa da Liga Galega  Alevin de futbol . Desexamos que este éxi...
01/06/2026

👏👏𝐏𝐚𝐫𝐚𝐛𝐞́𝐧𝐬 𝐚🏆𝐬𝐭𝐞𝐩𝐡𝐚𝐧𝐲 𝐀𝐧𝐠𝐞𝐥𝐚 𝐅𝐞𝐫𝐧𝐚𝐧𝐝𝐞𝐳 𝐆𝐚𝐫𝐜𝐢́𝐚 a nosa campioa da Liga Galega Alevin de futbol . Desexamos que este éxito sexa só o comezo de moitas máis alegrías dentro e fóra do campo. Sigue soñando en grande e desfrutando do fútbol como ata agora.

𝐂𝐀𝐂𝐇𝐀𝐑𝐄𝐋𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐍 𝐗𝐎𝐀𝐍   2🔥26🗣Hoxe  día 1 de xuño ábrese o prazo para anotarse para facer a cacharela de San Xoán e de S...
01/06/2026

𝐂𝐀𝐂𝐇𝐀𝐑𝐄𝐋𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐍 𝐗𝐎𝐀𝐍 2🔥26

🗣Hoxe día 1 de xuño ábrese o prazo para anotarse para facer a cacharela de San Xoán e de San Pedro. O prazo rematará o venres 19 de xuño.
As persoas interesadas poderán anotarse no concello indicando o seu nome e apelidos, DNI e o lugar onde se realizará a cacharela.

𝐍𝐨𝐫𝐦𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐫𝐞𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚𝐬 𝐂𝐚𝐜𝐡𝐚𝐫𝐞𝐥𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧 𝐗𝐨𝐚́𝐧
✅As cacharelas deberán realizarse en lugares seguros e afastados de vivendas, vehículos, tendidos eléctricos, árbores ou materiais inflamables.
✅Non se poderá queimar plástico, rodas, aerosoles, electrodomésticos, pneumáticos nin ningún outro material contaminante ou tóxico.
✅Deberá dispoñerse sempre dun medio de extinción próximo (auga, mangueira, extintor, area, etc.).
A fogueira non poderá impedir o paso de vehículos nin dificultar accesos públicos.
✅As persoas responsables deberán permanecer no lugar ata que o lume quede completamente apagado.
✅Queda prohibido facer cacharelas en días de vento forte ou cando exista risco elevado de incendio.
✅Os menores deberán estar sempre baixo a supervisión dunha persoa adulta.
✅Será obrigatorio manter a zona limpa antes e despois da celebración.

Onte venres 29 de maio fixemos a Festa con exhibicións das Actividades municipais realizadas durante este curso 2025-26 ...
30/05/2026

Onte venres 29 de maio fixemos a Festa con exhibicións das Actividades municipais realizadas durante este curso 2025-26 no Concello Mesía.

Rematamos a multitudinaria Festa cuns pinchos tras recibir as camisetas de agasallo.

O venres 29 a tarde celebramos a Festa con exhibicións das Escolas municipais realizadas durante este curso 2025-26 no C...
30/05/2026

O venres 29 a tarde celebramos a Festa con exhibicións das Escolas municipais realizadas durante este curso 2025-26 no Concello Mesía
Rematamos a Festa cunha merenda tras recibir os diplomas e as camisetas de agasallo.

𝐁𝐄𝐍𝐄𝐒𝐓𝐀𝐑 𝐄𝐍 𝐁𝐀𝐋𝐍𝐄𝐀𝐑𝐈𝐎𝐒🗣A Xunta de Galicia volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios. Un programa para pers...
29/05/2026

𝐁𝐄𝐍𝐄𝐒𝐓𝐀𝐑 𝐄𝐍 𝐁𝐀𝐋𝐍𝐄𝐀𝐑𝐈𝐎𝐒
🗣A Xunta de Galicia volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios. Un programa para persoas maiores de 60 anos de Galicia, pensado para seguir gañando en saúde e calidade de vida, a través do descanso e dos beneficios das augas termais.
Estadías de 10 días e 9 noites en réxime de pensión completa -inclúe aloxamento, almorzo, xantar e cea- a escoller entre 15 balnearios de Galicia, con quendas dispoñibles entre xullo e decembro de 2026.
PRAZO
Do 27 de maio ao 26 de xuño de 2026, ambos incluídos.
TODA A INFORMCIÓN NESTE ENLACE👇
https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/benestar-en-balnearios

𝑪𝑨𝑴𝑷𝑨𝑴𝑬𝑵𝑻𝑶 𝑫𝑬 𝑽𝑬𝑹𝑨𝑵 2026🌞🌞🤸‍♀️🤸🏊‍♀️⛹️O Próximo día  𝟐 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨 abrirá o prazo de inscrición do campamento de verán do Co...
28/05/2026

𝑪𝑨𝑴𝑷𝑨𝑴𝑬𝑵𝑻𝑶 𝑫𝑬 𝑽𝑬𝑹𝑨𝑵 2026🌞🌞🤸‍♀️🤸🏊‍♀️⛹️
O Próximo día 𝟐 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨 abrirá o prazo de inscrición do campamento de verán do Concello de Mesía.
O campamento iniciarase ás 10:00h e rematará ás 14:00h. Coma sempre, para aqueles que precisen deixar os nenos/as antes, haberá opción de aula concilia dende ás 8:30 da mañá (sempre que haxa nenos/as).
✅Terán preferencia os/as nenos/as empadroados/as no concello.
o prazo de inscrición rematará o 𝟏𝟐 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨

📲Para inscribirse podedes utilizar o seguinte enlace ou escanear o código QR que aparece no cartel.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScoab3mgOnTpHWXZQHgFfUF6wX8cV1yPq1DFdhFfCLNZ5Rc6g/viewform

Dirección

Xanceda
Mesia
15685

Horario de Apertura

Lunes 07:15 - 15:00

Teléfono

+34981687001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello Mesía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir