26/04/2026
O FERRARI QUE CAPTOU TODAS AS MIRADAS NO RALLY DO COMERCIO PROTAGONIZA AGORA A NOVA CAMPAÑA DO CCU DE MONFORTE
O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte pon en marcha a “Experiencia Ferrari en Monforte" 2026, unha das súas propostas máis rechamantes, coa que o comercio local busca volver sorprender á clientela cunha experiencia única: a posibilidade de conducir un Ferrari F430 F1 en estrada aberta 🚘
A campaña desenvolverase entre o 27 de abril e o 12 de maio, período no que a clientela poderá participar rexistrando os seus tickets de compra na aplicación web habilitada para a campaña:
www.experienciasccumonforte.com
🛍 Cada participante contará cunha “Cesta da Compra” na que se irán acumulando os importes das súas compras, xerando así diferentes opcións para acceder ás experiencias.
Nesta edición repartiranse un total de 8 experiencias de condución, que se poderán conseguir de tres formas diferentes:
1. As 5 “cestas da compra” de maior importe obterán o premio de forma directa
2. Entre o resto de participantes rexistrados que cumpran os requisitos establecidos nas bases sortearanse 2 experiencias adicionais; e,
3. Finalmente, haberá unha última oportunidade o sábado 16 de maio mediante un sorteo en directo nas "Casitas", Pza. da Compañía.
🎯 A xornada principal da campaña terá lugar precisamente ese sábado 16 de maio, día no que as persoas premiadas poderán vivir en primeira persoa a experiencia de condución nun percorrido real por estrada, con saída e chegada en Monforte de Lemos.
📺 A inclusión desta experiencia como un dos premios do recente Rally do Comercio espertou un notable interese nas últimas semanas, captando a atención tanto da veciñanza como dos medios de comunicación. De feito, ata a Televisión de Galicia (TVG) e profesionais da Radio Galega se desprazaron a Monforte para cubrir a campaña, atraídos pola singularidade do premio. Esta nova campaña recolle ese interese e intégrase dentro da liña de accións de alto impacto que o CCU vén impulsando.
ℹ️ Xa podes ver toda a información en www.ccumonforte.com
Organiza: CCU Monforte
Cofinancia: Comercio galego
Colabora: Concello