01/06/2026
federacioncomerciopontevedra Comeza a campaña
"𝗠𝗲𝗿𝗰𝗮 𝗻𝗼 𝘁𝗲𝘂 𝗰𝗼𝗺𝗲𝗿𝗰𝗶𝗼" nos Concellos de Tui, Oia e
O Rosal 🚀💳💶
¡Comeza a campaña MERCA NO TEU COMERCIO
2026 nos Concellos de Tui, Oia e O Rosal!, que forman
parte desta iniciativa que percorre 10 áreas
xeográficas de toda a provincia.
O período de compras será do 1 ao 15 de Xuño.
Esta é unha iniciativa publicitaria/promocional da
Federación de Comercio de Pontevedra, a Federación
Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.
Poderán participar nesta campaña todos os clientes
que realicen compras nos establecementos retallistas
dos Concellos de Tui, Oia e O Rosal nas datas da
campaña (do 1 ao 15 de Xuño de 2026). Deben facelo
rexistrando directamente a súa compra na web da
localidade correspondente, neste caso:
🔗 mercanoteucomercio.com/tui
🔗 mercanoteucomercio.com/oia
🔗 mercanoteucomercio.com/orosal
A través de calquer dispositivo electrónico: móbil,
tablet ou ordenador.
A participación pode ser rexistrada tamén polo
comerciante, se o desexa, a través da mesma
plataforma, onde se pode introducir directamente a
operación de compra dos clientes, duplicando deste
xeito as súas opcións de gañar.
Entre os participantes nesta campaña 𝘀𝗼𝗿𝘁𝗲𝗮𝗿𝗮𝗻𝘀𝗲
𝟭.𝟬𝟬𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀, distribuidos en 20 tarxetas prepago de
50 euros, que deberán ser empregadas para volver a
mercar nos comercios de proximidade das respectivas
localidades.
O sorteo realizarase o día 16 de Xuño e poderase
consultar a listaxe de premiados na web da campaña:
🔗 mercanoteucomercio.com/tui
🔗 mercanoteucomercio.com/oia
🔗 mercanoteucomercio.com/orosal
Colaboran: ABANCA e FEMXA.
Comercio galego Comercio Galicia ABANCA