María Miranda Espazo Vivo

María Miranda Espazo Vivo Un lugar diferente con talleres, experiencias, eventos e aloxamento nun entorno único. Outra maneira de vivir a cultura local.

🌼 Estampa un pano 🌼Con  este sábado, 21 de maio, en María Miranda espazo vivo!Preparadas para altas doses de creatividad...
18/05/2022

🌼 Estampa un pano 🌼

Con este sábado, 21 de maio, en María Miranda espazo vivo!

Preparadas para altas doses de creatividade! E é que non é necesario saber debuxar, ou ter experiencia previa, só ganas de pasalo moi ben, soltarse, relaxarse, e pensar só en crear a túa peza 😌 Garantizámosvos que sairán panos moi 🔝

Nós estamos desexando que chegue a finde, e se a ti che apetece, todavía nos quedan prazas para que te anotes!

Tes toda a info sobre o obradoiro na nosa web www.mariamirandaespazo.com/obradoiros/ 😊 Pero tamén podes enviarnos un DM!

-


🎼 obradoiro de pandeiro 🎼Este foi sen dúbida un dos obradoiros nos que o alumnado máis traballou 💪 e é que fixeron o seu...
05/05/2022

🎼 obradoiro de pandeiro 🎼

Este foi sen dúbida un dos obradoiros nos que o alumnado máis traballou 💪 e é que fixeron o seu pandeiro en tempo record 🙊

Catro horas de duro traballo coa agulla para coser as peles! 🧶sempre coa axuda de 🤗

Agora só queda velos tocar! Dende aquí invitámolos a que nos envíen algún vídeo 😁 que dicides?

_

Obradoiros florales 🌷con .das.flores !É mes de Maios, e só podemos pensar nos 2️⃣ obradoiros que nos traen Monte das Flo...
29/04/2022

Obradoiros florales 🌷con .das.flores !
É mes de Maios, e só podemos pensar nos 2️⃣ obradoiros que nos traen Monte das Flores!

💐Obradoiro de RAMOS con flores secas e preservadas. Aprenderás a técnica da espiral e levarás para casa un ramo que durará anos. Podes traer un xarrón que teñas na casa para facelo sobre él. Todos os materiais incluidos.
O día: 21 de maio
Hora: de 16.00 a 18.00
Prezo: 55€

🌺Obradoiro de CENTROS con flores secas e preservadas. Aprenderás varias técnicas e o resultado perdurará ó lingo dos anos. Todos os materiais incluidos.
O día: 21 de maio
A hora: de 18.30 a 20.30
O prezo: 60€

Para máis info, mándanos DM 📩 ou escríbenos a [email protected]⁠ 💻⁠


-⁠

Estampación manual da man de  💮 O día 21 Xiana acompañaranos nun estupendo obradoiro de Estampación manual de un pañuelo...
29/04/2022

Estampación manual da man de 💮
O día 21 Xiana acompañaranos nun estupendo obradoiro de Estampación manual de un pañuelo. Aprendrás a facer os teus propios selos (ademais de poder usar algúns da artista) para estampar en textil e outras superficies. Que faremos logo? Atentxs:
1. Deseño e elección de motivos 💮
2. Tallar un selo en relieve con goma de carvar ☯️
3. Composición e cor 🌈
4. Transferencia dos motivos ó tecido 🧣
5. Breve explicación de coidados e de como facer un remate desfiañado ✂️
Non se nos ocurre mellor plan!

O día : 21 de maio⁠
A hora: 10:00 a 13:00⁠
O prezo: 53€

Queres apuntarte? Mándanos DM 📩 ou escríbenos a [email protected]⁠ 💻

Obradoiro de acuarela botánica 🎨🌸 con  !O domingo 15, Lúa traenos un obradoiro de temática botánica con novas técnicas p...
28/04/2022

Obradoiro de acuarela botánica 🎨🌸 con !
O domingo 15, Lúa traenos un obradoiro de temática botánica con novas técnicas para que aprendas a traballar as formas, a soltar a man e deixarte levar. Aprenderemos a facer os recheos de cor e a conseguir tonos naturais e orgánicos. 🌈
Experimentaremos con elementos da natureza que nos darán os seus “tintes”, como pétalos, té… E veremos distintos materiais que nos servirán para crear efectos do máis sorprendente. Será un obradoiro moi “sensorial” e cheo de inspiración! 🧑‍🎨
Non precisas coñecementos previos e todo o material está incluído.

O día: 15 de maio
A hora: de 10.00 a 14.00
O prezo: 65 €

⁠Para máis info, mándanos DM 📩 ou escríbenos a [email protected]⁠ 💻⁠

-⁠

O sábado 14 toca estampación botánica con .feliz ! 🌿⁠Zoraida, de Studio Feliz, propónnos un taller onde nos imos introdu...
27/04/2022

O sábado 14 toca estampación botánica con .feliz ! 🌿⁠
Zoraida, de Studio Feliz, propónnos un taller onde nos imos introducir no mundo do tintado natural, da man do Ecoprint. Durante 4 horas, recolectaremos plantas e flores 🌺, compartirá os seus procesos, experimentaremos coas cores 💐 da natureza e levaraste nocions para ter o teu caderno tintóreo e e estamparás o teu pano de seda!

Un obradoiro donde vivir e sentir o natural! 🍃🌿

O día : 14 de maio⁠
A hora: 16:00 a 20:00⁠
O prezo: 65€

Queres apuntarte? Mándanos DM 📩 ou escríbenos a [email protected]⁠ 💻

Fotobordado o 14 de maio con .collage !🪡Neste obradoiro aprenderemos como bordar sobre fotografías en papel para decorar...
26/04/2022

Fotobordado o 14 de maio con .collage !🪡
Neste obradoiro aprenderemos como bordar sobre fotografías en papel para decorar ou resignificar a imaxe orixinal 🌃
Analizaremos técnicas e propósitos da intervención, faremos unha introdución ó mundo dos fíos e as agullas, elaboraremos un mostrario con 6/7 tipos de pontadas aconselladas para papel e bordaremos unha fotografía como proxecto final 🤩
Non se requiren coñecementos previos e todo o material está incluido!
Podes traer a túa propia foto, recoméndase en branco e negro, para traballar sobre ela 🌌

O día : 14 de maio⁠
A hora: de 16.00 a 20.00
O prezo: 48 €

Queres apuntarte? Mándanos DM 📩 ou escríbenos a [email protected]⁠ 💻

Traemos novidades! E é que temos unha nova incorporación ós obradoiros do día 7 de maio, con este obradoiro de cestería ...
25/04/2022

Traemos novidades! E é que temos unha nova incorporación ós obradoiros do día 7 de maio, con este obradoiro de cestería que nos trae 🧺

Nel aprenderás a facer un bolsiño trenzado con fibras de formio, xuncos e yucca 🌿 plantas que podemos atopar con abundancia no entorno 🤗

O horario: de 11 a 14h
O prezo: 50€

Como sempre, podes anotarte enviándonos unha mensaxe directa ou no mail [email protected] 💌

-

Deseño e creación de obxectos de terrazo o día 14 en .ev 🙌⁠⁠Nesta experiencia mergullarémonos nas técnicas básicas do de...
21/04/2022

Deseño e creación de obxectos de terrazo o día 14 en .ev 🙌⁠

Nesta experiencia mergullarémonos nas técnicas básicas do deseño e produción de obxectos decorativos con resina mineral con 👩‍🔬, creando así unha peza que te poidas levar á túa casa. Veremos:⁠

- Introdución á utilización da resina mineral, un compoñente libre de tóxicos 💧 con base de auga. ⁠

- Mestura de pigmentos para a paleta de cor.⁠
🟠🟡🟢🔵🟣🔴

- Creación da textura terrazo (chips).⁠

- Preparación de molde (pousavasos, bandexiña ou portavelas) e mestura de chips terrazo + base. 🥏⁠

- Secado e lixado e a posterior aplicación de sellador.⁠

Coma sempre, todo o material está incluído.⁠

O día : 14 de maio⁠
A hora: 11:30 a 14:00⁠
O prezo: 57€⁠

Se che apetece vir, só tes que falarnos por 📩 DM para reservar praza, ou mandarnos un email a 💻[email protected]


Somos máis de 300 persoas novas dende inicios de ano! 🎉 e por iso creemos que é un bo momento para presentarnos de novo!...
11/04/2022

Somos máis de 300 persoas novas dende inicios de ano! 🎉 e por iso creemos que é un bo momento para presentarnos de novo!

Ola! 👋 Somos Noelia e Marta, xuntas creamos María Miranda espazo vivo como un lugar para experimentar e vivir a artesanía, a arte e o deseño, un lugar no que poder aloxarte e desenvolver o teu proxecto, ou no que celebrar un evento máxico ✨✨

Coñecémonos estudando deseño, así que entenderás o porqué do vínculo coa artesanía 🖍️ Encántanos todo o que ten que ver con construir ou elaborar coas mans, e queremos compartilo contigo nos nosos obradoiros 🤗

Moi pronto lanzaremos a programación de Maio, na que teremos colaboracións con artistas e artesáns que admiramos moitísimo, así que estate atentx, porque cremos que che vai encantar!

Apertas e benvidx á comunidade de María Miranda espazo vivo 🌿

-

Temos grandes noticias para ti! E é que se te quedaches coas ganas de asistir ó obradoiro de fabricación de pandeiro, ag...
07/04/2022

Temos grandes noticias para ti! E é que se te quedaches coas ganas de asistir ó obradoiro de fabricación de pandeiro, agora podes, xa que abrimos outra edición, o mesmo día, 23 de abril, en horario de tarde, de 16.00 a 20.00!

Ademáis, se non eres de Ordes, que mellor día para visitarnos que na Festa do Champiñón 🍄🍄 con Feira de artesanía na Alameda do pobo!

A nós non se nos ocorre mellor plan 😁

Se queres inscribirte, só tes que enviarnos un DM ou un email a [email protected]

-

O mellor de que o noso espazo sexa tamén aloxamento é poder darlle a familias, amigas e amigos, parellas, un lugar de de...
05/04/2022

O mellor de que o noso espazo sexa tamén aloxamento é poder darlle a familias, amigas e amigos, parellas, un lugar de descanso, distinto, e no que desfruten da estancia tanto como o facemos nós 😍

Que despois do seu paso por María Miranda espazo vivo nos adiquen palabras como as que vedes nos comentarios fainos moitísima ilusión 😊🤍

Só podemos dar as grazas por atoparnos con xente tan marabillosa, e de tantos lugares diferentes 🗺️

Por moitas máis estancias 🥂

-

Dirección

Alfonso Senra, 41
Ordes
15680

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando María Miranda Espazo Vivo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir