29/08/2026
XiRo Tradicional no VERÁN VERÁN ✨
Hai momentos que dan respecto… e este foi un deles. ❤️
Esta semana tivemos a oportunidade de compartir un anaquiño de XiRo Tradicional no programa Verán Verán, nunha conversa con Dani García.
E vou ser sincera… 😅
Os nervios xogáronme unha pequena mala pasada.
Dáme moita vergoña todo isto das cámaras e, cando volvo ver a entrevista, penso que podería explicalo mellor, dicir máis cousas ou estar máis tranquila.
Pero tamén penso que hai que aprender a valorar estes momentos tal e como son: reais, emocionantes e feitos con moitísima ilusión.
E por iso hoxe estou moi contenta e moi orgullosa. 🥹❤️
Porque detrás de XiRo hai moito traballo, moitas horas, moita tradición e, sobre todo, moitas ganas de seguir facendo medrar este pequeno proxecto que naceu para manter vivo o noso e facelo viaxar cara adiante.
🌿 Grazas de corazón ao Canal Rías Baixas e a todo o equipo de Verán Verán por esta oportunidade, polo cariño e por axudarnos a dar visibilidade a XiRo Tradicional.
E se queredes ver a nosa conversa completa…
👇 A nosa intervención comeza no minuto 51.
🎥 [Ligazón ao programa nas historias e na bio]
Un pasiño máis para XiRo.
E que bonito é velo medrar. ❤️