Colectivo Ecolóxico Baluarte

Colectivo Ecolóxico Baluarte O Colectivo ecolóxico Baluarte nace ca finalidade de facer do noso entorno un lugar mellor. A trav?

Con moito pesar comunicamos que A LIMPEZA DE MAÑÁ QUEDA ADIADA por mor da predición meteorolóxica 🌧Estade cos ollos aber...
07/02/2026

Con moito pesar comunicamos que A LIMPEZA DE MAÑÁ QUEDA ADIADA por mor da predición meteorolóxica 🌧

Estade cos ollos abertos para a vindeira, non tardaremos en convocar outra! 😃☺️

Moitas grazas polo voso interese!

Limpeza voluntaria de praias 🚮O domingo 8 de febreiro, se a climatoloxía nolo permite 🤭, faremos unha limpeza de praias ...
30/01/2026

Limpeza voluntaria de praias 🚮

O domingo 8 de febreiro, se a climatoloxía nolo permite 🤭, faremos unha limpeza de praias en colaboración ca asociación .

Será na praia de Riazor (Palmeira), por ser esta sempre unha praia na que se acumula moito material 🙆‍♀️

Agradecemos que traiades as vosas propias luvas, así evitamos xerar máis lixo aínda ✨️😊

Vémonos o día 8!

Limpeza voluntaria de praias 🚮O vindeiro domingo, se a climatoloxía nolo permite 🤭, faremos unha limpeza de praias en co...
29/01/2026

Limpeza voluntaria de praias 🚮

O vindeiro domingo, se a climatoloxía nolo permite 🤭, faremos unha limpeza de praias en colaboración ca asociación .

Será na praia de Riazor (Palmeira), por ser esta sempre unha praia na que se acumula moito material 🙆‍♀️

Agradecemos que traiades as vosas propias luvas, así evitamos xerar máis lixo aínda ✨️😊

Vémonos o día 8!

🚨 Xa saberedes que hai unhas semanas empezaron a aparecer sacos de pellets de plástico pola zona de Noia. 🚨Estes pellets...
05/01/2024

🚨 Xa saberedes que hai unhas semanas empezaron a aparecer sacos de pellets de plástico pola zona de Noia. 🚨

Estes pellets son pequenas boliñas de plástico empregadas na industria, moi perigosas no caso de verteduras xa que son moi difíciles de recoller das praias, ingresan facilmente na cadea alimentaria e ademais poden actuar coma "esponxas" doutras sustancias contaminantes.

Neste caso, os pellets que están aparecendo nas praias proveñen dun cargamento que se perdeu a principios de decembro ao caer un contenedor cheo deste material ao mar.

As compas de están informando dende o primeiro día e facendo unha labor de divulgación encomiable. Mais agora por fin está chegando a noticia a grandes medios.

Queremos nós tamén facernos eco da noticia hoxe pois xa están chegando sacos e pellets á ría de Arousa.

Na zona do Barbanza foron notificados, ata o de agora, avistamentos na zona de Corrubedo e Aguiño. É probable que nas próximas semanas sigan aparecendo en distintas praias e gustaríanos pedir a colaboración da seguinte forma:

‼️No caso de ver nas praias do Concello de Ribeira algún destes sacos ou pellets soltos, avisar:

1. Ao .ecoloxico.baluarte , ás redes do ou ao GAEM (+34689781863) para dar a orde para proceder á súa recollida
2. Avisar a para proceder ao mapeado da información para poder xestionar o problema de maneira global.‼️

Graciñas de antemán por colaborar na xestión deste desastre.

P.D. As fotos son dos sacos recollidos polo GAEM en Corrubedo o pasado 13 de decembro.

20/07/2023
Este sábado estaremos no mercado de  para celebrar o seu 10º aniversario!Poderás atoparnos nun posto do mercado con un p...
11/07/2023

Este sábado estaremos no mercado de para celebrar o seu 10º aniversario!

Poderás atoparnos nun posto do mercado con un punto de intercambio de roupa e unhas pequenas actividades sobre lixo mariño para peques e maiores!

Anímate a participar no intercambio de roupa traendo ata 3 prendas que xa non queiras (pero que estén en bo estado!) e ven xogar con nós para aprender sobre que tipo de lixo contamina o noso mar.

Agardamos vervos alí! 🥰🌱




Hoxe estivemos no IES Praia Barraña, en Boiro, falando de moda sostible! Ana, a nosa experta neste tema, encargouse da a...
24/05/2023

Hoxe estivemos no IES Praia Barraña, en Boiro, falando de moda sostible!

Ana, a nosa experta neste tema, encargouse da actividade, comentando co alumnado os principais problemas do sector téxtil, falando de fast e slow fashion e das moi diversas formas que pode adoptar a industria para crear unha moda máis sostible. Mais non todo foi falar, xa que tamén tivemos unha pequenísima mostra de fibras naturais e rematamos analizando o que nos contan (e o que non) as etiquetas da nosa roupa.

Graciñas pola invitación á vosa Semana do Consumo Responsable. Temos unha ilusión tremenda por este tipo de propostas. Foi todo un pracer.

"A onde boto...?" é unha seriede publicacións sobre en que colectores debemosdepositar algúns residuos que espertan dúbi...
28/04/2023

"A onde boto...?" é unha serie
de publicacións sobre en que colectores debemos
depositar algúns residuos que espertan dúbidas.

Envíanos as túas preguntas sobre residuos e
tentaremos respostalas!

Recorda que antes de botar a reciclar, o mellor é
reducir e reutilizar!





Dirección

Santa Eugenia De Riveira

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Colectivo Ecolóxico Baluarte publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir