Acontravento Galiza

Acontravento Galiza Roupa ao noso xeito!

22/06/2026

Un sentimento que levamos no peito🤍🩵🤍

👕 Camisola de Fútbol Galiza, dispoñible en acontravento.gal

Comeza oficialmente o verán e desde Acontravento traémosvos o seguinte consello para esta época do ano 🌞😎
21/06/2026

Comeza oficialmente o verán e desde Acontravento traémosvos o seguinte consello para esta época do ano 🌞😎

A política cultural da Xunta, máis de 3 millóns de euros públicos para un macrofestival privado que marxina a nosa músic...
18/06/2026

A política cultural da Xunta, máis de 3 millóns de euros públicos para un macrofestival privado que marxina a nosa música e que está en mans dun fondo pro-israelí.

A todo o mundo lle gusta ver a grandes artistas internacionais na nosa terra, pero isto ten que ser compatible coa presenza das nosas artistas e co respecto aos dereitos humanos.

Nova chaqueta da selección galega de fútbol gaélico 🩵🏐As mellores galas para representar ao noso país no Mundial de Fútb...
17/06/2026

Nova chaqueta da selección galega de fútbol gaélico 🩵🏐

As mellores galas para representar ao noso país no Mundial de Fútbol Gaélico que terá lugar en xullo en Irlanda 🇨🇮✊🏻

Dispoñibles a través de:

- O crowdfunding da selección galega:
https://tally.so/r/b5v8W7

- Na loxa online de Acontravento:
https://acontravento.gal/etiqueta-producto/seleccion-galega-de-futbol-gaelico/

📸 Antía Iglesias
🩵 Asociación Galega de Fútbol Gaélico - Selección Galega de Fútbol Gaélico

Novas camisolas de adestramento da selección galega de fútbol gaélico 🩵🏐As nosas seleccións están preparándose para part...
12/06/2026

Novas camisolas de adestramento da selección galega de fútbol gaélico 🩵🏐

As nosas seleccións están preparándose para participar no Mundial de Fútbol Gaélico que terá lugar en xullo en Irlanda con esta nova pel preparada por Acontravento Galiza 😎

Dispoñibles a través de:

- O crowdfunding da selección galega 👇🏻
https://tally.so/r/b5v8W7

- Na loxa online de Acontravento 👇🏻
https://acontravento.gal/etiqueta-producto/seleccion-galega-de-futbol-gaelico/

📸 Antía Iglesias
🩵🏐 Asociación Galega de Fútbol Gaélico

Unha terra que sente, fala e vive como pobo merece ter seleccións propias, merece competir a nivel internacional.Hoxe ar...
11/06/2026

Unha terra que sente, fala e vive como pobo merece ter seleccións propias, merece competir a nivel internacional.

Hoxe arranca o Mundial de fútbol masculino e desde Acontravento queremos aproveitar estas datas para reivindicar o dereito do noso país a competir o máximo nivel.

Adiante coas seleccións galegas!! 🤍🩵🤍

Nun día coma hoxe, o 8 de xuño de 1901, contraían matrimonio na cidade da Coruña Elisa Sánchez e Marcela Gracia, as prim...
08/06/2026

Nun día coma hoxe, o 8 de xuño de 1901, contraían matrimonio na cidade da Coruña Elisa Sánchez e Marcela Gracia, as primeiras mulleres en casar entre elas na Galiza e o Estado Español.

Tras varios anos de relación e convivencia en distintos lugares da provincia da Coruña, no ano 1901 esta parella de mestras decidiu contraer matrimonio. Para tal fin, Elisa adoptou unha apariencia masculina, facéndose pasar por Mario Sánchez. Inventouse tamén un pasado, contando que pasara a súa infancia en Londres e que seu pai era ateo, polo que non fora bautizado. O párroco Víctor Pérez, da igrexa de San Xurxo da Coruña, sería o encargado de bautizar e dar a comuñón a "Mario", lexitimando a súa existencia a ollos da Igrexa e habilitándoo para contraer matrimonio. O casamento foi selado na mesma igrexa e polo mesmo párroco.

A natureza do matrimonio tardaría pouco en saír a luz, sendo a parella portada de diarios galegos e madrileños. Unha orde de busca e captura sería ditada contra ambas, o que as levaría a fuxir a Porto. Alí viven como marido e muller ate que son detidas e encarceradas a petición da policía española. Tras ser liberadas, e para evitar ser extraditadas ao Estado Español, poñen rumbo ao exilio en Arxentina, país onde rematarían os seus días.

Podedes coñecer máis en profundidade a historia de amor desta parella no libro "Elisa e Marcela. Amigas e Amantes", de Narciso de Gabriel, e no filme "Elisa y Marcela", de Isabel Coixet.

Vivan as noivas e viva o amor libre!!! 🏳️‍🌈🏳️‍🌈🏳️‍🌈

Desde a Galiza, a mellor contribución que lle podemos facer ao noso planeta é a conservación da nosa flora e fauna autóc...
05/06/2026

Desde a Galiza, a mellor contribución que lle podemos facer ao noso planeta é a conservación da nosa flora e fauna autóctonas.

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente 🌏💚

Dirección

Vigo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Acontravento Galiza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría